O mando da Wii integrará a tecnoloxía MotionPlus

venres, 15 de outubro do 2010 Marcus Fernández

O vindeiro 5 de novembro Nintendo vai pór á venda en España o novo mando de Wii que inclúe de serie o accesorio Wii MotionPlus, o que facilita que os xogadores poidan gozar da precisión que achega tal tecnoloxía sen ter que adquirir un engadido ao seu mando.
O novo mando da Wii estará dispoñible en 4 cores (branco, negro, rosa e azul) e ten as mesmas medidas que o mando estándar da Wii, polo que será compatible cos periféricos que hai para o mesmo, podendo conectarse tamén ao Nunchuck e ao mando clásico.
Inicialmente o Wii Remote Plus venderase de xeito independente, pero a partir do 19 de novembro será posible mercalo xunto ao xogo FlingSmash.

PUBLICIDADE