O móbil Lenovo P780 terá unha batería de 4.000 mAh

venres, 3 de maio do 2013 Marcus Fernández

Que nos últimos meses estean a chegar algúns dos móbiles máis interesantes do mercado dende China non é unha sorpresa, pero que conten con figuras como o xogador de baloncesto Kobe Bryant para promocionalos non é tan habitual, e vén de aparecer na Rede un vídeo no que podemos ver imaxes da campaña na que o xogador da NBA amosa o que será o Lenovo P780, un smartphone que terá moito que dicir, pois non só chegará cunha pantalla de 5 polgadas a 720p, senón que estará equipado cunha xenerosa batería de 4.000 mAh, elemento que podería ser fundamental para o seu éxito.
O Lenovo P780 funcionará con Android 4.2, procesador de catro núcleos e 1 Gb de RAM; terá cámara de 8 Mpíxeles, soporte para dobre SIM, un grosor de 9,9 milímetros e sairá á venda en China a finais de mes a un prezo por confirmar.

PUBLICIDADE