O móbil SpareOne promete manter a súa batería operativa durante 15 anos

xoves, 12 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Durante a presente edición do CES a xente de Engadget puido botar ás mans ao móbil SpareOne de Xpal Power, que alimentado por unha única pila AA asegura que é capaz de manter a carga ata 15 anos, polo que sería un terminal pensado para patrocinios, uso en hoteis e, especialmente, para emerxencias, de xeito que podería deixarse nun vehículo ata que fose preciso ter que solicitar asistencia na estrada.
Este móbil sumamente básico limita a súa interface a un teclado físico e a un par de LED que indican o nivel de carga. Funciona con calquera SIM GSM e o seu prezo nos EE.UU. é de 50 dólares, polo que estamos ante un dispositivo interesante que algúns agradecerán en caso de apuro.

PUBLICIDADE