O novo Echo Show 10 chegará a España o 14 de abril
xoves, 18 de marzo do 2021
En xaneiro presentouse
un novo Echo Show 10, que nesta terceira xeración destaca porque a súa
pantalla de 10 polgadas co asistente Alexa conta con movemento, de xeito que a
base do dispositivo é xiratorio para seguir automaticamente aos usuarios para
que non perda a pantalla de vista cando está a consultar información ou cando
está a realizar unha videoconferencia.
Este Echo Show 10 de 3ª xeración
estaba pendente de establecer a súa data de lanzamento en España, e por fin
fixouse no 14 de abril, podendo reservarse xa, aÃnda que o seu prezo é bastante
elevado (249,99 euros) de xeito que os interesados neste produto poderÃan
considerar agardar a algunha das campañas de promoción tan habituais nos
produtos da liña Echo. Tamén cómpre lembrar que os dispositivos Echo Show, sen
a base xiratoria, están dispoñibles en tamaños de pantalla de 5 e 8 polgadas actualmente
a prezos de 54,99 e 89,99 euros respectivamente (xa que están en rebaixas).
O novo Echo Show 10 ten unha pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de
1.280 x 800 pÃxeles, altofalantes (2 tweeters de 1 polgada e un woofer de 3
polgadas), cámara de 13 MpÃxeles e sistemas para cubrir a súa cámara e
desactivar o seu micrófono. Pode empregarse para consumir contidos multimedia,
controlar o fogar dixital coa voz, servir de cámara de vixilancia cando non se
está en casa, facer de marco dixital e incluso axudar coas receitas de cociña.