O novo Kindle Oasis incrementa a súa pantalla e incorpora resistencia á auga
mércores, 11 de outubro do 2017
O ano pasado Amazon sorprendeu
o seu lector de libros electrónicos Kindle Oasis, pola súa proposta ousada
especialmente no que a prezo se refire, xa que o trebello cunha funda de coiro
partÃa dos 289,99 euros, o que parecÃa disparado se temos en conta que os
Kindle máis económicos custaban 79,99 euros, pero os lectores máis frecuentes
de seguro que agradecÃan a súa mellor ergonomÃa e autonomÃa, asà como o seu
elegante acabado, o que mantivo o produto no catálogo e incluso agora volven
sorprendernos sendo o primeiro lector de libros electrónicos que por fin se
desmarca dos anteriores ao incorporar dúas prestacións moi demandadas:
resistencia á auga (IPX8, ou sexa, que poderÃa somerxerse até 60 minutos a 2
metros de profundidade) e unha pantalla de maior tamaño (7 polgadas).
O novo Kindle Oasis,
por fortuna, non farase esperar en España, de xeito que estará dispoñible a
partires do 31 de outubro a un prezo de 249,99 euros na súa versión con 8 GB de
capacidade, existindo tamén modelo con 32 GB (a 279,99 euros) e unha versión deste
último con conectividade móbil de balde (por 339,99 euros).
Non estamos ante un produto que vaia ser un supervendas, pero o incremento de
pantalla é algo que agradecerán moitos lectores, xa que permite introducir un
30% máis de palabras en cada páxina co tipo de letra predeterminado (reducindo
os pasos de páxina), ofrece moitas opcións de lectura, pode empregarse
comodamente cunha soa man, conta con opcións con maior capacidade de
almacenamento, é cómodo de ler baixo a luz do sol e en interiores e, por
primeira vez nun Kindle, resiste a auga, o que agradecerán especialmente os
lectores que queiran levalo á praia, á piscina ou simplemente ao cuarto de
baño, sen ter medo de estragalo cunha molladura accidental.
- O novo lector de libros electrónicos de Amazon é o primeiro da compañÃa que incorpora resistencia á auga.