O novo Motorola RAZR preséntase como un smartphone con só 7,1 mm de grosor
martes, 18 de outubro do 2011
Motorola Mobility anunciou que o mes que vén chegará ao noso
mercado o seu novo
móbil Motorola RAZR, que cunha resistente pantalla Super AMOLED de 4,3
polgadas cunha resolución de 540 x 960 pÃxeles, chasis de aceiro e aluminio
cunha capa resistente a salpicaduras, parte traseira de fibra de kevlar en un
espectacular grosor de só 7,1 milÃmetros, que fai que leve a súa tradicional
estética rechamante aos smartphones
actuais.
Para continuar asombrando aos consumidores, o novo móbil de Motorola funciona
cun procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento
(16 Gb internos e outros 16 nunha tarxeta microSD incluÃda), sistema operativo
Android 2.3.5, cámara de 8 MpÃxeles capaz de gravar vÃdeo a 1.080p, conectividade
LTE (4G), 3G e Wi-Fi, Bluetooth 4.0 e baterÃa de 1.780 mAh.
- O Motorola RAZR presume do só 7,1 mm de grosor