O problema do paro dende diferentes ópticas tecnolóxicas centrou o novo almorzo do CITIC
martes, 25 de marzo do 2025
O Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu este martes 25 de marzo dous relatorios centrados na mellora da estimación de datos socioeconómicos en áreas pequenas, abeirados ao ciclo Almorzos TIC Talk. Estas investigacións abordan problemáticas clave como a predición do número de mozos que nin estudan nin traballan (coñecidos como ninis) e a estimación das taxas de paro a nivel municipal.
O investigador Alexandro Aneiros Batista presentou o seu estudo titulado Estimación en áreas pequenas: cando e por que? Aplicación á predición de ninis, no que propuxo un método innovador para estimar con maior precisión o número de ninis en cada provincia de España. O seu enfoque combina enquisas e diversas fontes de información para mellorar a calidade dos datos e garantir a coherencia coas cifras oficiais autonómicas. A Enquisa de Poboación Activa foi a principal referencia utilizada neste estudo.
Pola súa banda, MarÃa Bugallo Porto expuxo a relatorio Estimación en áreas pequenas: cando e por que? Aplicación á predición de taxas de paro, na que explicou como a estimación en áreas pequenas pode mellorar a precisión dos datos en poboacións con mostras limitadas. O seu traballo céntrase na predición de taxas de paro a nivel municipal mediante un modelo multinomial mixto, que permite aproveitar datos a nivel de unidade de mostras e de distintas fontes.
Ambas investigacións poñen de relevo a importancia da estimación en áreas pequenas como ferramenta clave para a toma de decisións en materia de polÃticas públicas e planificación socioeconómica. Coa aplicación de modelos estatÃsticos avanzados e o uso combinado de datos, pódense obter predicións máis precisas que permitan unha mellor asignación de recursos e a implementación de estratexias máis eficaces no ámbito laboral e social.
Os Almorzos TIC Talk constitúen un espazo de encontro onde persoal de investigación en formación comparte os últimos avances nos seus respectivos campos, resaltando o valor da colaboración interdisciplinar e o impacto das TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (TIC).