O proxecto Tango estrea tablet para desenvolvedores

xoves, 5 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Os rumoreado tablet de 7 polgadas de Google para rexistrar información espacial finalmente sae á luz na páxina web do proxecto Tango, onde detallan que se trata dun produto destinado a desenvolvedores, que funciona cun potente procesador nVIDIA Tegra K1, 4 Gb de RAM, 128 Gb de almacenamento interno, cámara con seguimento de movemento, sensores de profundidade integrados, Wi-Fi, Bluetooth 4.0 e LTE (4G) e que só estaría dispoñible para un grupo reducido de profesionais que deberían pagar 1.024 dólares por este kit de desenvolvemento.
A propia nVIDIA está a destacar a súa achega a este produto, no que o seu procesador xoga un importante papel á hora de recrear informaticamente de xeito virtual o mundo real, podendo empregarse para recrear habitacións dun xeito realista para poder percorrelas logo en 3D, o que abre a porta a numerosas solucións que poderán servir simplemente para elaborar mapas de interiores ou para aplicacións moito máis avanzadas como poder guiar a persoas con deficiencias visuais, estando agora no tellado dos desenvolvedores o tirar proveito desta tecnoloxía para que poidamos ver realmente do que é capaz.


Vídeo de presentación do tablet para desenvolvedores do proxecto Tango

PUBLICIDADE