O router Google Wifi sae á venda en España
mércores, 20 de xuño do 2018
Os
altofalantes Google Home e Google Home Mini non son os únicos produtos que
hoxe se estrean no mercado español, senón que tamén saÃu á venda o agardado Google Wifi, un router
para que queira ter unha rede sen fÃos na casa de calidade e doada de
administrar, que pode adquirirse por 139 euros, pero que para tirar auténtico
proveito do produto conta cun lote de 3 unidades por 359 euros que poden
distribuÃrse por un domicilio de grande tamaño para funcionar a xeito de maia
para asà ofrecer unha conexión Wi-Fi de calidade en todos os recantos do fogar.
Google Wifi integra a tecnoloxÃa Network Assist, que busca achegar unha rede
rápida e segura sen grandes esixencias para o usuario, procurando optimizar o
sinal sen importar a cantidade de dispositivos e onde se atopen. O trebello vai
saltando dun sinal a outro de xeito ininterrompido mentres un se move polo
fogar, procurando asà ofrecer o largo de banda óptimo para os dispositivos que
esteamos a empregar, dando prioridade ao trebello que máis velocidade precise
en cada momento. Tamén inclúe facilidades para compartir a rede Wi-Fi do fogar
con convidados a través da aplicación móbil que xestiona o router, que tamén
permite establecer controis de uso para, por exemplo, por un máximo de tempo de
conexión aos cativos ou fixando un horario de acceso á Internet (sendo incluso
posible activar filtros de acceso que bloquean o acceso a millóns de espazos
web con contido explÃcito).
Google recomenda o uso dun único Google Wifi en apartamentos cativos, de 2
dispositivos en casas medianas e de 3 dispositivos para fogares de grande
tamaño e, aÃnda que existan outros produtos semellantes máis baratos no
mercado, no que si destaca a solución de Google é na simplicidade de
configuración e xestión.
O Google Wifi está dispoñible na Google Store asà como tamén en Carrefour, El
Corte Inglés, Fnac, Media Markt, Orange España, PC Componentes e Worten.