O scanner portátil Doxie Go poderá empregarse dende iOS

mércores, 19 de outubro do 2011 Marcus Fernández

O scanner portátil Doxie Go conta cunha batería como para dixitalizar a uns 100 documentos, unha memoria interna capaz de almacenar 600 páxinas ou 2.400 fotografías e pode ampliase mediante tarxetas SD ou memorias USB, así como sincronizarse co PC, aínda que destaca especialmente porque o seu fabricante vai comercializar un kit de sincronización que facilita que os escaneos poidan almacenarse directamente na galería fotográfica dun iPhone ou iPad, o que tamén facilitaría a copia das imaxes a Evernote ou Flickr sen axuda dun ordenador. O iPhone Sync Kit custará 39 dólares e comezará a distribuírse en decembro.
O Doxie Go terá un custo de 199 dólares, poderá recargarse mediante USB, permitirá a dixitalización de fotografías e a creacións de documentos PDF de múltiples páxinas e pode empregarse tanto de xeito autónomo como conectado a un ordenador (ou a un dispositivo con iOS co kit de sincronización antes mencionado).

O scanner Doxie Go poderá funcionar dende o iPhone ou o iPad

PUBLICIDADE