O smartphone Asus P735 quere achegar a conectividade 3G ós negocios e ó lecer

xoves, 2 de agosto do 2007 Marcus Fernández

O fabricante Asus, pese a ser coñecido principalmente polos seus ordenadores portátiles, produce dispositivos electrónicos moi diversos, destacando hoxe o seu teléfono intelixente P735, que está a ser promocionado estes días e que promete ser un smartphone de características bastante completas, incoprorando o sistema operativo Windows Mobile 6.0, un procesador Marvell Xscale a 520 MHz, 256 Mb de memoria Flash e 64 Mb de SDRAM, unha pantalla TFT táctil de 2,8 polgadas cunha resolución de 240 x 320 píxeles, cámara de 2 Mpíxeles para fotografías e outra VGA para videochamadas, batería de 1.300 mAh e conectividade UMTS, GPRS/GSM, Bluetooth 2.0, e Wi-Fi (802.11b/g). Tamén ten unha fenda para tarxetas miniSD e un porto USB 1.1.
No tocante á multimedia, este terminal de 109 x 59 x 19 mm e 143 gramos de peso (con batería incluída) permite reproducir MP3, WMA, AAC e AAC+.

PUBLICIDADE