O smartphone Freedom 251 terá un prezo duns 3,30 euros
mércores, 17 de febreiro do 2016
A que prezo pode chegar un smartphone para ser asumible
dabondo para mercados emerxentes? Unha grande pregunta á que dende Ringing
Bells teñen unha boa resposta: o smartphone Freedom
251, que no seu nome agocha o seu prezo, xa que pretenden comercializalo a
251 rupias (uns 3,30 euros). E pese a ese prezo absurdamente baixo, non estamos
ante un produto que poderiamos considerar insufrible, xa que falamos dun
teléfono de dobre SIM con pantalla IPS de 4 polgadas, procesador de catro
núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas microSD de até 32 GB), cámaras de 3,2 e 0,3 MpÃxeles e
baterÃa de 1.450 mAh, que funciona con Android 5.1 e inclúe aplicacións como
Facebook, YouTube, Google Play e WhatsApp pre-instaladas (asà como algunhas
ferramentas destinadas a agricultores, pescadores, mulleres...).
Non é a primeira vez que Ringing Bells consegue lanzar un produto de prezo moi
reducido, pois xa fabricou un smartphone 4G que vendÃa por 2.999 rupias (39,45
euros), e este novo dispositivo desenvolveuse en colaboración co goberno (aÃnda
que desmentindo
a compañÃa que o teléfono estea subvencionado) e poderá
encargarse a partires de mañá e até o domingo en 650 centros repartidos pola
India, entregándose todas as unidades antes do 30 de xuño.
- As especificacións do Freedom 251 parecen extraordinariamente boas para un smartphone tan económico
O Freedom 251 visto en vÃdeo