O smartphone InnJoo Toro lucirá o touro de Osborne
xoves, 19 de novembro do 2015
Cada vez temos unha maior presenza de smartphones de marcas
até hai pouco totalmente descoñecidas para o público español, e non todas veñen
de China, como demostra InnJoo, compañÃa con sede en Dubái, que parece querer
chamar a atención cunha curiosa chegada: o lanzamento do InnJoo Toro,
smartphone que presentarÃa no seu exterior o emblemático touro de Osborne froito
a un acordo de colaboración coa marca durante un mÃnimo de 5 anos, que
permitirá que lancen outros produtos de electrónica de consumo no futuro.
O InnJoo Toro será un terminal con pantalla IPS de 5 polgadas cunha resolución
de 1.280 x 720 pÃxeles, procesador MediaTek de 8 núcleos, 2 GB de RAM, 16 GB de
capacidade (ampliable mediante tarxetas de memoria de até 32 GB), cámaras de 13
e 8 MpÃxeles, un grosor de 6,9 milÃmetros e un peso de 123 gramos, o que a
primeira vista parecerÃa ser o modelo 4G do InnJoo
One, que tamén ten un
prezo de 229 euros, pero que poderÃa chegar cunha baterÃa moi superior, xa
que en vez dos 2.600 mAh do modelo actual, contariamos
cunha baterÃa de 3.600 mAh, o que aseguran que darÃa unha magnÃfica
autonomÃa.
Este novo smartphone porase á venda este mesmo mes, e inicialmente vén cun
sistema operativo baseado en Android 4.4, prometendo que nun par de meses
actualizarase a Lollipop. Estará dispoñible na tenda
en liña de InnJoo e tamén en tendas de Yoigo, a tenda en liña de Phone
House e establecementos de Millar e Tien21, de xeito que será bastante doado
facerse cun destes terminais.