O smartwatch de Qualcomm sairá á venda nun par de semanas
luns, 18 de novembro do 2013
Cando o mundo miraba a Samsung e ao seu prometedor reloxo intelixente
Galaxy Gear, Qualcomm
presentaba a súa alternativa, o Toq, un smartwatch
cunha pantalla con tecnoloxÃa Mirasol (semellante ao papel electrónico, ou
sexa, de baixo consumo e que pode verse en contornos con moita luz) que
poderase conectar por Bluetooth a móbiles con Android 4.0.3 ou superior para
amosar as súas notificacións, servindo tamén para o control multimedia,
destacando por carecer de botóns (aposta pola pantalla táctil para o seu
control) e funcionar entre 3 e 5 dÃas cunha única carga (mentres que a
autonomÃa do dispositivo de Samsung é de só 25 horas).
Tras certa espera, o fabricante puxo por fin data e prezo a este dispositivo,
de xeito que a partir do 2 de decembro poderemos adquirir o Qualcomm Toq por 349,99 dólares (258,89
euros). AÃnda que non conta coa sona dos produto de Samsung, este reloxo ten un
deseño moito máis compacto e elegante, á vez que resulta extraordinariamente
máis cómodo ao poder cargarse sen fÃos con só colocalo sobre o seu estoxo.
- O Qualcomm Toq chegará ao mercado cun formato compacto, un deseño discreto e unha autonomÃa aceptable
VÃdeo promocional do Qualcomm Toq