O tablet de Notion Ink chegará no verán con compatibilidade con Flash

mércores, 7 de abril do 2010 Marcus Fernández

A invasión de equipos tipo tablet vai converterse nunha realidade grazas á chegada ao mercado do iPad, e un dos dispositivos máis prometedores nesta categoría era sen dúbida o Adam de Notion Ink, por incorporar unha pantalla híbrida de Pixel Qi que combina as virtudes do papel electrónico cunha pantalla TFT estándar.
Polo momento o equipo veuse só coma un prototipo en distintas feiras tecnolóxicas, e o seu fabricante indio finalmente deu sinais de vida, para asegurar que están a traballar na incorporación de compatibilidade coa tecnoloxía Adobe Flash, asegurando non lanzarán o seu produto ata confirmar a súa estabilidade con Flash, xa que contan con que sexa un dos seus puntos fortes (aínda que tamén hai que destacar que é capaz de reproducir vídeo a 1.080p).
Agárdase que o Adam chegue ao mercado durante o verán, para poder estar dispoñible durante a volta ao cole.

PUBLICIDADE