O tablet transformable de Asustek chega con pantalla de alta definición

luns, 25 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Durante a pasada edición do CES de Las Vegas anunciouse que o popular tablet de Asustek, o Transformer Prime, ía contar cunha versión con tecnoloxía nVIDIA Tegra 3 que destacaría por contar cunha pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200 píxeles, e finalmente o Asus Transformer Prime TF700T (tamén coñecido como Transformer Infinity TF700) está a converterse nunha realidade, desembarcando nas vindeiras semanas no mercado norteamericano por un prezo que parte dos 499 dólares. Este tablet é unha importante mellor do Transformer Prime orixinal (famoso polo teclado externo que o converte nunha especie de portátil á vez que incrementa a súa autonomía), que agora conta cun procesador de 4 núcleos, 1 Gb de RAM, 32/64 Gb de almacenamento interno, cámaras de 8 e2 Mpíxeles, saída micro-HDMI, porto USB 2.0, lector de tarxetas SD, só 8,5 milímetros de grosor e un peso de 598 gramos.
Este novo equipo pode considerarse como máis que unha actualización da familia Transformer Prime, pois gozar dunha pantalla de alta definición permítelle competir con outros tablets sen grande problema (aínda que sen superar a pantalla Retina do novo iPad) e incluso poder medirse con ordenadores persoais (aínda que o seu sistema operativo diste de ser óptimo para un ordenador).

O seu teclado externo pode converter o TF700T nunha sorte de ordenador portátil

PUBLICIDADE