O turismo de Noia colle impulso na Rede

luns, 15 de marzo do 2021 Sandra Rivadulla

Noia pretende converterse nun destino turístico de éxito este 2021. Por iso, a área municipal de Turismo lanza a nova páxina web Turismonoia.es, co fin de conquistar novos visitantes, tanto nacionais como internacionais, e promover as características da localidade en relación á historia e á gastronomía.
De feito, o departamento de Turismo escolleu o slogan Respira mar e historia para chamar a atención sobre o destino. Ademais, sinalou que “o catálogo dispón dunha variedade de edificios históricos e un patrimonio natural moi destacábel”.
O Concello de Noia engloba toda a información turística do municipio nun espazo online, con contido multimedia e xeolocalización. A páxina está dispoñíbel en castelán, galego e inglés e pode visualizarse dende calquera dispositivo electrónico. Ademais, conta cun blog onde hai información complementaria. Do mesmo xeito, a web inclúe un apartado específico para o sector hostaleiro.

PUBLICIDADE