Oleiros organiza en setembro novos cursos sobre manexo de móbiles para maiores

martes, 6 de setembro do 2022 S. P.

O Concello de Oleiros informou do desenvolvemento nesta recta final do verán de novas actividades formativas para combater a fenda dixital que separa a unha parte da poboación sénior das vantaxes das novas tecnoloxías da información. En concreto, a partir de setembro impartiranse novos cursos de manexo de móbiles para persoas maiores de 60 anos na Casa Echeverry, no local social da Lagoa de Mera e nas casas do pobo de Dorneda, Nós, Dexo e Lorbé.
As persoas interesadas en participar poderán apuntarse entre o 5 e o 9 de setembro chamando ao 981610000, en horario de 16:00 a 18:00h.

PUBLICIDADE