Olidata estrea un ultraportátil para cativos
luns, 26 de maio do 2008
Os ordenadores ultraportátiles de baixo
custo non paran de chegar ao mercado, pero aÃnda que na meirande parte de trate
de ordenadores pensados coma segundo equipo (con maior mobilidade) a italiana
Olidata decidiu
orientar o seu equipo desta categorÃa aos cativos.
O Olidata JumPC ten un procesador Intel Celeron a 900 MHz, unha pantalla de 7
polgadas cunha resolución de 800 x 480 pÃxeles, 512 Mb de RAM, unha memoria
Flash de 2 GB, webcam, lector de tarxetas SD/MMC, Wi-Fi, Ethernet, 2 portos USB
e Windows XP Home preinstalado a
un prezo de só 299 euros, polo que resulta bastante completo e
barato, aÃnda que o máis destacable é que resulta robusto, soportando tanto
caÃdas coma o derrame accidental de lÃquidos.
O JumPC tamén trae instalada a interface de usuario Magic
Desktop, que inclúe unha serie de aplicacións e xogos pensados para
os máis pequenos (aÃnda que se pode prescindir desta interface para usar a
aparencia normal de XP).
Presentación (en italiano) deste portátil para nenos