Olympus presenta unha das cámaras deportivas máis completas do mercado
martes, 24 de maio do 2016
Parece
que cada dÃa a marca GoPro o vai ter máis complicado para remontar as súas
vendas, xa que a competencia non para de poñerllo complicado, e agora é a
propia Olympus a que lanza unha impresionante cámara de acción da serie Tough, a
TG-Tracker, que presume de non ter puntos febles ao coidar por igual a
calidade de imaxe, a selección de disparo e a duración da baterÃa, á vez que o
seu corpo é resistente dabondo para que podamos levar a cámara aos máis
variados contornos.
A TG-Tracker conta cunha empuñadura extraÃble, obxectivo superangular,
estabilización de imaxe de 5 eixes e pantalla LCD abatible, conseguindo asÃ
unha versatilidade difÃcil de atopar noutra cámara desta categorÃa. O seu nome
tamén dá unha boa pista dunha das súas prestacións: a cámara ofrece múltiples
capacidades de seguimento e de rexistro da información de campo, de xeito que
coa aplicación de balde Olympus Image Track Ver. 2.0 os usuarios poderán
revistar as súas aventuras ao aire libre consultando información como a
altitude ou profundidade, a temperatura da auga e do aire, a xeolocalización,
dirección e velocidade de movemento. Tamén é compatible con múltiples arneses e
monturas doutras marcas para facilitar a súa integración con equipamento deportivo
e de aventura.
Sobre a resistencia da TG-Tracker, podemos dicir que pode somerxerse até a 30
metros de profundidade, soporta o po, pode operar até a 10 graos baixo cero,
resiste caÃdas dende 2,1 metros de altura e compresión de até 100 quilogramos
de peso.
Pode rexistrar fotografÃas de até 8 MpÃxeles e gravar vÃdeo de até 4K a 30
imaxes por segundo (chegando a soportar até 720p a 240 cadros por segundo) que
almacena en tarxetas microSD de até 128 GB. O seu obxectivo superangular
presenta un ángulo de visión completo de 204 graos, o que permite revivir
fielmente as experiencias pasadas, mentres que coa aplicación OI.Share podemos
importar facilmente as aventuras ao noso smartphone para asà poder compartilas
coas nosas redes sociais favoritas (podendo aproveitarse tamén so dispositivo
móbil a xeito de mando a distancia).
Para facernos con esta impresionante máquina teremos que agardar ao mes de
xullo, cando estará dispoñible a un prezo recomendado de 349 euros.
VÃdeo promocional da Olympus TG-Tracker