Olympus presenta unha nova cámara compacta cun estabilizador óptico de imaxe de 5 eixes
luns, 31 de marzo do 2014
A finais do mes de abril Olympus vai incrementar a súa familia de cámaras Stylus
coa nova SH-1, unha cámara dixital compacta de deseño coidado que non só goza
dun xeneroso zoom óptico de 24x, senón que tamén presume de ser a primeira
cámara deste tipo en integrar un sistema de estabilización óptica de 5 eixes
que pode empregarse tanto en fotografÃas como en vÃdeo. Tamén integra Wi-Fi,
para axilizar a compartición de fotografÃas e permitir o disparo remoto da
cámara dende un smartphone.
A Olympus
Stylus SH-1 herda o deseño da familia
Olympus PEN, cunha parte superior fabricada en aliaxe de aluminio e uns elementos
sobresalientes para facilitar o agarre, acabado en 3 cores distintas (negro,
branco e prata), sensor CMOS retroiluminado de 16 MpÃxeles, gravación de vÃdeo
en Full HD a 60 imaxes progresivas por segundo, función de time lapse (permitindo converter unha gravación de entre 5 minutos
e 5 horas nun vÃdeo de 20 segundos) e tamén pode rexistrar vÃdeo a 720p a 120
imaxes por segundo ou a 432 x 324 pÃxeles a 240 imaxes por segundo, o que
permite crear impresionantes secuencias en cámara lenta.
- A Olympus Stylus SH-1 presenta un acabado moi coidado