One Piece Burning Blood estrea Gold Edition

xoves, 4 de agosto do 2016 Marcus Fernández

A franquía de One Piece leva moito tempo presente no mundo dos videoxogos, dos que o último foi o xogo de loita One Piece Burning Blood, que chegou na súa versión para Xbox One e PlayStation 4 no mes de xuño (está previsto que chegue a PC este mesmo verán), pero como está enriquecéndose con lotes de contido descargable de pagamento procedente do filme One Piece Gold (que principalmente inclúen novos personaxes xogables e traxes), decidiron ofrecer ao público a posibilidade de adquirir directamente unha Gold Edition co todo o contido dos Wanted Pack, ou sexa, con 4 novos personaxes xogables, 6 versións alternativas de personaxes, 14 traxes adicionais, 5 HUD personalizados e o traxe exclusivo Luffy Platino.
Esta nova versión de One Pice Burning Blood pode mercarse para PlayStation 4 por 94,99 euros e para Xbox One por 94,49 euros, prezo bastante superior aos xa elevados 69,99 euros que custa o xogo de saída, deixando claro que os seareiros desta serie están dispostos a facer grandes desenvolvementos económicos para poder controlar aos seus personaxes favoritos.

PUBLICIDADE