One será o primeiro móbil español con Android

luns, 29 de xuño do 2009 Marcus Fernández

O serán do pasado sábado presentouse no marco do MeetUp de and.roid.es en Barcelona o terminal telefónico One da madrileña GeeksPhone, que sería o primeiro móbil europeo co sistema operativo Android que aposta por presentarse coma un dispositivo aberto á súa personalización por parte do usuario.
O novo terminal baséase en hardware que xa está no mercado, pero adaptándose a Android, e sairá á venda no outono a entre 250 e 300 euros, e entre as súas características estarían a incorporación do Android OS 1.5 (podendo integrar o 2.0 se sae a tempo), interface propia con widgets e temas, aplicacións multimedia e ofimáticas de serie, funciona cun procesador Intel/Marvell PXA310 a 625 MHz, contará con 256 Mb de RAM, conta cunha pantalla táctil resistiva de 3,2 polgadas (aínda que tamén poderá manexarse a través dun trackpad termo-óptico), EDGE/UMTS/HSDPA, Wi-Fi, A-GPS, Bluetooth, miniUSB, microSD-HC, cámara de 3,2 Mpíxeles con foto automático, cámara frontal para videoconferencia, acelerador de vídeo integrado e sintonizador de TDT incorporado.
Hai que destacar que este móbil pretende venderse libre, cun hardware personalizable (aínda que haberá que agardar para explorar o atractivo desta posibilidade) e cun deseño aínda por rematar de definir (podendo distar do prototipo que veñen de presentar.

PUBLICIDADE