OnePlus presenta os seus primeiros smartphones co selo de Hasselblad
martes, 23 de marzo do 2021
Os smartphones máis agardados de OnePlus por fin son
oficiais. A marca chinesa presentou os seus novos móbiles insignia, o OnePlus 9
e o OnePlus 9 Pro, que como xa tiñan anticipado utilizan como principal reclamo
o contar con cámaras calibradas pro Hasselblad, buscando asà unha excelencia
nese apartado moi na liña do que conseguiu no seu dÃa Huawei coa súa asociación
con Leica.
Estes novos móbiles pretenden competir directamente cos iPhone e cos Samsung
Galaxy S, e non ofrecerse como unha alternativa económica, algo bastante
complicado de facer para calquera fabricante que non teña unha grande forza
comercial e que teña a Internet como principal canle de distribución.
O dispositivo de referencia serÃa o OnePlus 9 Pro, cun prezo de
saÃda de 909 euros (a súa configuración máxima só incrementa o prezo en 90
euros), e que deixa claro o seu poderÃo cun procesador Qualcomm Snapdragon 888,
os seus 8/12 GB de memoria LPDDR5, o seu almacenamento de 128/256 GB UFS 3.1, a
súa baterÃa de 4.500 mAh con carga rápida de 65 watts por cable (en 50 watts
sen fÃos), aÃnda que probablemente o elemento que destaca máis a súa calidade
serÃa a súa pantalla AMOLED con LTPO de 6,7 polgadas, que ten resolución Quad
HD+ e velocidade de refresco adaptable (caracterÃstica herdada dos alta gama de
Samsung, e que non só permite que os xogos
poidan moverse a 120 Hz, senón que para contidos estáticos pode reducirse o
refresco co conseguinte aforro de consumo).
A nivel de cámaras, o OnePlus 9 Pro ten unha cámara principal de 48 MpÃxeles
con estabilización óptica de imaxe, un ultra grande angular de 50 MpÃxeles, un
telefono estabilizado de 8 MpÃxeles e unha cámara monocrono de 2 MpÃxeles; conta
con numerosos modos de disparo (como un modo tilt-shift e un modo
profesional no que facilita a realización de moitos axustes dun xeito doado) e
gravación de vÃdeo a 8K. A cámara frontal confórmase cun sensor de 16 MpÃxeles
e gravación de vÃdeo Full HD.
Conta con 5G, Wi-Fi 6, Bluetooth 5.2 con soporte de aptX, aptX HD, LDAC e AAC e
NFC; o seu lector de impresións dixitais está integrado en pantalla, ten
altofalantes estéreo e Dolby Atmos; e chega ao mercado en 3 cores distintas.
Pola súa banda, o OnePlus 9,
reduce o seu tamaño de pantalla até as 6,55 polgadas baixando a súa resolución
até Full HD+, prescinde de estabilización de imaxe no sensor principal da
cámara traseira e do obxectivo telefoto, e a súa carga sen fÃos é só de 15
watts; concesións coas que consegue unha importante redución de prezo, de xeito
que poderá adquirirse en 3 cores distintas por a partir de 709 euros (para o
modelo con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento, mentres que a versión con 12
GB de RAM e 256 GB de almacenamento véndese a 809 euros).
Para acompañar a estes grandes móbiles temos agora tamén o OnePlus Watch, un
smartwatch que custa 159 euros e que presume dunha autonomÃa até 14 dÃas (5
dÃas se activamos a monitorización de osÃxeno durante o sono), polo que, aÃnda
que a nivel de deseño poida parecer un Samsung Galaxy Watch Active, na práctica
serÃa unha pulseira de actividade con forma de reloxo e con capacidades de
xestión de chamada e reprodución multimedia (incluÃndo 4 GB de almacenamento
interno, o que permite que poida empregarse como reprodutor multimedia desconectado
dun smartphone). Temos asà un produto interesante, que completa bastante ben o
catálogo de OnePlus, pero que queda lonxe do que poderÃa ofrecer un smartwatch
cun sistema operativo como Wear OS ou Tizen.
- O OnePlus Watch é un smartwatch con monitorización de actividade que integra 4 GB de almacenamento para poder empregalo para a reprodución musical por Bluetooth sen ter que levar o teléfono enriba