Onimusha: Warlords renóvase para chegar ás plataformas de xogo actuais
martes, 15 de xaneiro do 2019
En 2001 veu a luz o xogo de acción e loita con
espadas Onimusha: Warlords, e para que os
xogadores con equipo actuais poidan recuperar este xogo volve hoxe ao mercado
nunha versión remasterizada na que
presenta maior resolución, compatibilidade co modo 16:9 e controis modernizados,
podendo adquirirse por 19,99 euros para PlayStation
4, Xbox
One, PC
(Steam) e Nintendo
Switch, de xeito que practicamente ningún xogador quedará sen a
oportunidade para achegarse a este tÃtulo.
Este xogo vendeu máis de 2 millóns de copias da súa versión orixinal, e o retorno
desta aventura de acción e supervivencia ambientada no perÃodo Sengoku é unha
magnifica oportunidade para rememorar a revolución que supuxo o xogo orixinal
ou un achegamento para novos xogadores, que actualmente non dispoñen dunha Xbox
orixinal ou dunha PlayStation 2 para poder chantar o dente a este clásico de Capcom que deu pé a un par de secuelas e varios spin-offs.
- Onimusha: Warlords iniciou unha saga de xogos de grande éxito
- En Onimusha: Warlords temos un xogo de grande violencia ambientada no perÃodo Sengoku
Tráiler de lanzamento de Onimusha: Warlords