Oppo Watch Free, un novo reloxo conectado económico

luns, 27 de setembro do 2021 Marcus Fernández

Como alternativa económica ao Oppo Watch 2 o fabricante chinés presenta o Oppo Watch Free, que adopta un formato lixeiramente diferente e con menores prestacións, pero que mantén funcións importantes como a monitorización continúa do pulso e do nivel de osíxeno en sangue (así como a análise do sono), a realización de pagamentos contactless, resistencia á auga (5 atmosferas) e autonomía duns 14 días por só 549 iuans (73 euros) na versión básica e por 599 iuans (79 euros) con NFC.
Este novo reloxo conectado conta cunha pantalla AMOLED de 1,64 polgadas cunha resolución de 280 x 456 píxeles (ou sexa, cun formato alargado), sen botóns físicos, con rexistro dun cento de modos deportivos, conectividade Bluetooth 5.0 e compatibilidade con iOS e Android.
En vista das súas prestacións, poderiamos describir o produto como unha pulseira de actividade que aposta por unha pantalla de maior tamaño para comportarse como un smartwatch básico, o que agradecerán os que busquen produtos con grande autonomía.

O modelo con NFC permite a realización de pagamentos móbiles.

PUBLICIDADE