Oppo anuncia o smartphone máis delgado do mercado

luns, 28 de maio do 2012 Marcus Fernández

Destacar no rifado mercado dos smartphones con Android é sumamente difícil, pois a carreira polas prestacións técnicas avanzadas é imparable, pero o fabricante chinés Oppo decidiu facelo atacando por outra característica: o grosor. Como resultado temos que vai comercializar o Oppo Finder, terminal que presume de ser o máis fino do mundo con só 6,65 milímetros de grosor.
O Oppo Finder contará cun procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, pantalla Super AMOLED de 4,3 polgadas, cámaras de 8 e 1,3 Mpíxeles (con gravación de vídeo a 1.080p e 720p respectivamente), Android 4.0 e poderá encargarse dende o vindeiro 6 de xuño a un prezo de 3.999 iuans (uns 500 euros).

O móbil destaca polo seu grosor de só 6,65 milímetros

PUBLICIDADE