Oppo lanza a súa primeira tableta

venres, 25 de febreiro do 2022 Marcus Fernández

Os fabricantes de smartphones chineses recuperaron a confianza no mercado das tabletas, e nos últimos meses puidemos ver produtos de Xiaomi e Realme, entre outros, aos que agora súmase Oppo, que presentou na China o novo Oppo Pad, unha impresionante tableta cun procesador Qualcomm Snapdragon 870, 6/8 GB de RAM, 128/256 GB de almacenamento e pantalla de 11 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.600 píxeles e unha velocidade de refresco de 120 Hz, deixando claro que non se trata precisamente dun produto básico.
Esta tableta conta con cámara frontal de 8 Mpíxeles, unha cámara traseira de 13 Mpíxeles, soporte para lapis dixitalizador, conectividade Wi-Fi 6, catro altofalantes, desbloqueo facial e batería de 8.360 mAh con carga rápida de 33 watts. Só pesa 507 gramos e o seu grosor é de 6,99 milímeros, e pode complementarse cunha funda-teclado que o converte nunha sorte de ordenador portátil.
O seu prezo en China é de 2.299 iuans (323 euros) para o modelo con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento, subindo até os 2.699 iuans (379 euros) sen ampliamos o seu almacenamento até os 256 GB e até os 2.999 iuans (421 euros) se tamén incrementamos a súa memoria RAM até os 8 GB, prezos bastante axustados, dando a impresión de que Oppo pretende competir especialmente coa Xiaomi Pad 5 coa súa primeira tableta.
Cómpre salientar que o Oppo Pencil véndese aparte por 499 iuans (70 euros) e a funda-teclado custa 399 iuans (56 euros), produtos cun prezo moi competitivo (lembremos que o Xiaomi Smart Pen véndese a 99,99 euros).

A tableta Oppo Pad pode resultar moi versátil se empregamos o Oppo Pencil e a súa funda-teclado

PUBLICIDADE