Optoma presenta un novo proxector 3D Full HD

luns, 8 de abril do 2013 Marcus Fernández

Aínda que os proxectores de vídeo con capacidades 3D levan xa un tempo no mercado, poucos son os que contan cunha boa resolución de imaxe a un bo prezo, de aí que presenten o Optoma HD30, que é capaz de proxectar unha imaxe de alta definición a 1.080p e ten un prezo de 1.299 euros no que inclúe 2 pares de lentes 3D ZF2100 (que funcionan mediante un emisor sen fíos cun rango de cobertura de ata 40 metros e sen os problemas propios dos sistemas por infravermellos).
Este proxector DLP ten unha luminosidade de 1.600 lumenes ANSI, lámpada cunha vida dunhas 6.000 horas, procesador de audio SRS WOW HD, altofalantes de 16 W, e numerosas entradas (2 portos HDMI 1.4a, VGA, vídeo composto e jack de audio de 3,5 milímetros), que o converten nunha solución axeitada para amosar contidos de reprodutores multimedia e incluso consolas de videoxogos, que poden achegar unha experiencia especialmente inmersiva proxectando unha pantalla panorámica cunha diagonal de entre 0,96 e 7,64 metros a unha distancia de entre 1,2 e 10 metros.

O proxector DLP conta con 2 entradas HDMI 1.4a (3D)

PUBLICIDADE