Orange prepara un novo móbil con Android 2.2 e teclado QWERTY
luns, 13 de xuño do 2011
Os operadores de
telefonÃa móbil continúan a achegar ao mercado distintos terminais co sistema
operativo Android comercializados baixo a súa marca, e o último en chegar será
o Orange Barcelona, que xa figura na
páxina web británica da operadora, e que destaca por contar cun teclado
QWERTY completo (polo que parece máis un terminal BlackBerry que un móbil con
Android 2.2).
O Orange Barcelona ten unha pantalla táctil TFT de 2,6 polgadas, cámara de 3,2
MpÃxeles con gravación de vÃdeo, videochamada, Wi-Fi, 3G, GPS, soporte da
tecnoloxÃa HD Voice de Orange, acceso á Orange App Store, altofalante cun alto
nivel de volume, radio FM, unha autonomÃa de 7 horas en chamada e 12 dÃas en
espera e unhas medidas de 115 x 63 x 9,9 milÃmetros e un peso de 115 gramos.
Este móbil resulta ser unha versión remarcada do Huawei Boulder, que podemos ver no seguinte vÃdeo: