Os adaptadores D-Link DXN-221 permiten comunicacións de datos nos cables de antena

martes, 21 de abril do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios de R están afeitos a ver coma nos seus domicilios a conexión á rede chega por un cable coaxial polo que tamén reciben o servizo de televisión, e seguindo esa mesma filosofía D-Link vende unha solución consistente en dous adaptadores HD MediaBridge modelo DXN-220 que permiten aproveitar as instalacións domésticas de cable coaxial (por exemplo, as que levan a televisión ás distintas habitacións) para montar unha conexións de datos Ethernet para espallar o acceso á Internet por todo un domicilio sen precisar de instalación e cun rendemento maior e con menos problemas de cobertura que con tecnoloxías sen fíos.
Estes adaptadores empregan o espazo libre lo cableado de antena doméstico, conseguindo velocidades de transferencia de máis de 225 Mbps, polo que serviría perfectamente para acceder remotamente a ficheiros de vídeo en alta definición ou para conectar á rede consolas de videoxogos (normalmente situadas preto de tomas de antena, por conectarse a televisores).
A principal eiva desta solución sería que aínda resulta un tanto cara, e o kit con dous adaptadores custaría nos EE.UU. uns 239 dólares (184,69 euros), o que resulta máis caro que solucións Wi-Fi ou PLC, aínda que podería compensar en certos contornos.

PUBLICIDADE