Os auriculares Jaybird RUN liberan aos corredores dos cables
xoves, 14 de setembro do 2017
O
feito de que os
Airpods de Apple optasen por eliminar totalmente os cables, de xeito que
ambos auriculares se comunican sen fÃos co smartphone, e transpórtanse nunha
caixa que fai á vez de cargador (no que parecÃa claramente inspirado nos Moto Hint)
fai que outros fabricantes avancen na mesma dirección, e ao igual que xa
podemos adquirir os Motorola
Stream a través de distintos distribuidores, agora chega un fabricante
reputado como Jaybird para presentar un produto moi semellante aos anteriores
pero cunha clara diferenza: está orientado ao seu uso por runners, xa que inclúen un sistema de suxeición que impide que se
escapen das orellas ao correr.
Os novos Jaybird
RUN son uns auriculares sen fÃos cómodos e seguros, con protección contra a
suor, resistencia á auga e unha autonomÃa de máis de 4 horas con carga sobre a
marcha (engadindo a funda de carga 8 horas de autonomÃa adicionais). Os
auriculares tamén poden empregarse cunha aplicación móbil que facilita a súa
configuración para asà poder axustar os graves, medios e agudos para unha
reprodución musical acorde aos nosos gustos, e que tamén inclúe a función de
localizar os auriculares se os perdemos.
Un detalle que tamén fai que estes auriculares sexan máis atractivos para
moitos que os de compañÃas como Apple é que véndense con varias gomas para
axustar no interior do ouvido e no pavillón auditivo de distintos talles e
formas, de xeito que se adaptan a case calquera persoa, mentres que outros
modelos non resultan confortables para moitos usuarios.
Os Jaybird RUN tamén permiten activar Siri ou o asistente de Google con
realizar unha pulsación co auricular esquerdo, mentres que as pulsacións no
auricular dereito controla a reprodución musical e a aceptación e finalización
de chamadas.
VÃdeo promocional do Jaybird RUN