Os cadelos robot de Sony poderÃan volver ao mercado en primavera
luns, 9 de outubro do 2017
Hai
algo máis dunha década Sony era unha compañÃa moi involucrada na robótica, o
que era especialmente visible a través do icónico cadelo robot Aibo, a quen en Galicia coñecemos
como Axóuxere nunha exposición itinerante que viaxou por boa parte da nosa
xeografÃa, e dende Nikkei informan de que a compañÃa vai volver ao sector,
xustamente relanzando
o seu robot con forma de cadelo a vindeira primavera.
Desta volta o produto vai estar máis relacionado cos sistemas de intelixencia
artificial que son tan populares na actualidade, ou sexa, que serÃan unha
mestura do produto orixinal cos actuais altofalantes conectados como o Amazon
Echo, de xeito que o robot verá, escoitará e participará en experiencias.
O novo produto pretende abrir un nicho de mercado, o da robótica doméstica, que
aÃnda está emerxendo, polo que conseguir introducirse con éxito poderÃa ter un grande
potencial de crecemento, mentres que a robótica industrial xa é un sector con
grande competencia, no que resulta extremadamente difÃcil entrar.
O novo Aibo poderÃa empregarse para controlar dispositivos no fogar (como
acender ou apagar as luces) á vez que se comportarÃa como unha mascota facendo
máis agradable a súa integración no noso dÃa a dÃa. O seu software estarÃa
dispoñible a terceiras partes para poder engadirlle funcionalidades, ou sexa,
para que haxa produtos e servizos que se comuniquen co robot doméstico, o que
incrementarÃa as súas posibilidades.
AÃnda que o Aibo orixinal podÃa considerase como un Furby de luxo (as 3.000
primeiras unidades comercializadas no Xapón en 1999 esgotáronse en 20 minutos
pese a venderse a 250.000 iens, o que hoxe ao cambio serÃan uns 1.890 euros),
desta volta falamos dun produto máis ambicioso, que persegue abrir novos
ámbitos de aplicación da intelixencia artificial e a robótica, polo que non
parece que vaian a repetir a estratexia de produto fóra do alcance do público
polo seu elevado prezo.