Os discos duros WD My Passport Studio incorporan conectividade FireWire 800
xoves, 30 de outubro do 2008
Os discos duros
externos Western
Digital My Passport Studio melloran a súa conectividade, e aparte de
USB 2.0 e FireWire 400, agora tamén son compatibles
con conexións FireWire 800, o que agradecerán os usuarios de moitos
equipos de Apple, que poden aproveitar esta caracterÃstica para realizar a máis
velocidade as transferencias de datos (grazas tamén a novos controladores
deseñados especificamente para Mac).
Esta revisión dos discos duros externos está claramente orientada a usuarios de
ordenadores Mac, como evidencia o feito de que veñan pre-formatados en HFS+
(aÃnda que se poden reformatar para o seu uso baixo Windows) e son compatibles
coa aplicación Time Machine para Mac OS X.
Os prezos de venda son de 199,99, 229,99 e 249,99 dólares para os modelos con
320, 400 e 500 Gb respectivamente, podendo atoparse en España o modelo de 320
Gb por un prezo de a partir de 153,38 euros.
Resulta curioso que se optimicen os dispositivos con conectividade FireWire nun
momento no que chega ao mercado o novo modelo de MacBook que prescinde deste
tipo de porto, o que poderÃa molestar a moitos usuarios, xa que o FireWire era
a interface preferida polos maqueiros
fronte o USB.