Os novos Honor 20 chegan con boas cámaras a prezos asumibles
martes, 21 de maio do 2019
Hai un par de meses chegaron
ao mercado os smartphones Huawei P30 e P30 Pro, colocándose unha vez máis
nunha posición lÃder no que a cámaras traseiras de teléfonos se refire, pero
con prezos bastante elevados, de aà que moitos estivesen a agardar a que a
segunda marca de Huawei, Honor, lanzase as súas versións económicas, o que
aconteceu hoxe, probablemente no peor momento posible, xa que Huawei está nun
momento moi completo e, aparte de estar a estudar a súa reacción ante o bloqueo
comercial imposto polos EE.UU., tamén cancelou os seus esforzos en mercadotecnia
ante a dificultade de transmitir confianza nun contorno tan incerto.
Os móbiles presentados hoxe serÃan a nova serie 20 de Honor, que chegarÃa en
tres modelos para adaptarse a distintos petos, partindo dun modesto Honor 20 Lite, que
ten un prezo de lanzamento de 299 euros, o que non lle impide estar equipado
con 4 GB de RAM, 128 GB de almacenamento e cámara traseira tripla (con sensores
de 24, 8 e 2 MpÃxeles). Este móbil conta tamén cunha cámara frontal de 32
MpÃxeles aloxada nunha pequena pestana superiro central na súa pantalla Full HD+
de 6,21 polgadas. Conta con lector de pegadas dixitais traseiro, NFC e súa
baterÃa é de 3.400 mAh, configurando un dispositivo que poderÃa conseguir moi
boas vendas se non fose pola sombra da desconfianza que se proxecta sobre el.
O Honor 20 subirÃa o
seu prezo até os 499 euros, o que permÃtenlle equiparse con 6 GB de RAM e unha
pantalla infinita de 6,26 polgadas cun orificio na esquina superior esquerda
para a cámara frontal. Sitúa o seu lector de pegadas dixital nun lateral, a súa
baterÃa de 3.750 mAh ten carga de 22,5 watts (que permite chegar ao 50% da
carga en 30 minutos) e na súa cámara traseira equipo 4 sensores: un sensor principal
de 48 MpÃxeles, un grande angular de 16 MpÃxeles, un zoom de 2 MpÃxeles e un
sensor TOF. Temos asà un móbil cunha cámara capaz de tomar grandes fotografÃas
normais, retratos de grande calidade, luminosas fotografÃas nocturnas cun modo
de disparo especÃfico e gravar vÃdeo a super cámara lenta (960 fotogramas por
segundo a 720p).
O produto maior da familia é o Honor 20 Pro, que sube
o prezo até os 599 euros, e que conta xa con 8 GB de RAM e 256 GB de
almacenamento, o que xa xustificarÃa o seu incremento de prezo, aÃnda que a súa
cámara traseira tamén atrévese a unha configuración diferente: sensor principal
de 48 MpÃxeles, grande angular de 16 MpÃxeles, zoom de 8 MpÃxeles e macro de 2
MpÃxeles. O Super Zoom promete chegar
até os 30 aumentos, aÃnda que se nos cinguimos á capacidade óptica do mesmo
falariamos de 3 aumentos.
Se temos en conta que un Huawei P30 Pro con 8 GB de RAM e 256 GB de
almacenamento custa actualmente 1.049 euros, o feito de que o Honor 20 Pro
custe preto da metade semella un grande prezo, pero haberá que ver a situación
na que se atopa este terminal por terse presentado despois da orde executiva
dos EE.UU. que impedirÃa que tivese unha licenza válida do Android de Google.
- O Honor 20 Pro conta cunha cámara traseira cuádrupla
VÃdeo promocional dos novos Honor 20 e 20 Pro