Os novos Samsung Galaxy S21 chegan en 3 tamaños distintos

xoves, 14 de xaneiro do 2021 Marcus Fernández

Por fin están aquí os novos smartphones Samsung Galaxy S21, que chegarán o día 29 ás tendas españolas, estando aberto xa o seu proceso de reserva con accesorios de agasallo para incentivar a súa compra anticipada. Os novos móbiles insignia de Samsung parte do Galaxy S21 5G e do Galaxy S21+ 5G, que basicamente diferéncianse no seu tamaño de pantalla (6,2 e 6,7 polgadas respectivamente) e capacidade de batería (4.000 e 4.800 mAh), compartindo o resto de especificacións.
Estes novos Galaxy chegan cun procesador Exynos 2100 de 64 bits cun proceso de fabricación de 5 nm, 8 GB de RAM LPDDR5, 128/256 GB de almacenamento interno (que desta volta non pode ampliarse mediante tarxetas de memoria), pantalla Dynamic AMOLED 2X con resolución Full HD+ e con certificación HDR10+ e velocidade de refresco adaptable de entre 48 e 120 Hz, unha impresionante cámara traseira tripla con sensores grande angular e ultra grande angular de 12 Mpíxeles e teleobxectivo de 64 Mpíxeles con zoom óptico de 3x, cámara frontal de 10 Mpíxeles, lector de impresións dixitais en pantalla, Wi-Fi 6E, NFC e resistencia IP68.
As cámaras conseguen disparar grandes fotografías valéndose da intelixencia artificial, o que resulta bastante apreciable no modo Retrato; e a nivel de vídeo pode gravar en 8K, aínda que funcións como o vídeo Superestable a 60 imaxes por segundo, o novo modo Director ou incluso a posibilidade de gravar de varios micrófonos son detalles que converten a eses móbiles nun produto moi completo e atractivo.
O prezo do Samsung Galaxy S21 5G parte dos 859 euros, mentres que o S21+ 5G parte dos 1.059 euros, e no caso da tenda en liña de Samsung estes móbiles recibiría como incentivo para a súa reserva uns auriculares Galaxy Buds Live e un Galaxy SmartTag sen custo adicional.
Cómpre salientar que os novos smartphones de Samsung non inclúen adaptador de corrente na súa caixa, seguindo así os pasos de Apple, o que tradúcese nunha caixa moito máis compacta do habitual (lembremos que os modelos anteriores incluían cargador e auriculares).

Vídeo de presentación dos novos S21/S21+ 5G

Para usuarios máis esixentes chega tamén o Samsung Galaxy S21 Ultra 5G, que incrementa o seu tamaño de pantalla até as 6,8 polgadas con resolución Quad HD+ e dá un importante salto de calidade na súa cámara traseira cuádrupla, que integra un ultra grande angular de 12 Mpíxeles, un grande angular de 108 Mpíxeles, un teleobxectivo de 10 Mpíxeles con zoom óptico 3x e outro teleobxectivo de 10 Mpíxeles con zoom óptico de 10x, mentres que a súa cámara frontal sorprende cun sensor de 40 Mpíxeles. Este potente smartphone con batería de 5.000 mAh chegará en versións con 12 GB de RAM e 128/256 GB de almacenamento interno ou 16 GB de RAM e 512 GB de almacenamento interno. Pero o máis rechamante deste grande teléfono é que estrea compatibilidade co S Pen, ou sexa, que o lapis dixitalizador dun Galaxy Note pode empregarse neste móbil, sendo o máis recomendable adquirir este accesorio cunha funda compatible (ou sexa, cun compartimento para gardar o lapis para non perdelo).
Este smartphone sae á venda a un prezo de 1.259 euros no seu modelo máis básico e chegaría aos 1.439 euros para o modelo máis completo, ofertándoos Samsunjg cuns auriculares Galaxy Buds Pro e un Galaxy SmartTag sen custo adicional.

Vídeo promocional do Samsung Galaxy S21 Ultra 5G

PUBLICIDADE