Os novos auriculares de Beats terán unha versión con carcasa transparente

mércores, 26 de abril do 2023 Marcus Fernández

Amazon desvelou accidentalmente un produto que presumiblemente sairá á venda o vindeiro 18 de maio, os auriculares sen fíos Beats Studio Buds+, que destacan porque, aparte de contar con carcasas en cor negra e marfil, tamén conta cun modelo transparente (na liña dos célebres auriculares de Nothing), e que venderanse a un prezo de 169,95 dólares.
Estes novos auriculares prometen un son potente na reprodución musical e en chamadas, cancelación de ruído activa, modo transparencia, chamadas de alta calidade (grazas en boa medida a que os seus micrófonos triplicaron o seu tamaño fronte a versións anteriores), compatibilidade con dispositivos de Apple e con Android, até 36 horas de batería e almofadas de silicona de 4 tamaños distintos para adaptarse a distintos tipos de orella.
Aínda que esteamos ante un produto dunha marca de Apple, o seu estoxo de carga conéctase a corrente mediante USB-C.

PUBLICIDADE