Os novos iPhone 12 incorporan 5G e desbotan o adaptador de corrente
martes, 13 de outubro do 2020
Os novos smartphones de Apple por fin ven a luz iniciando unha
nova era ao chegar con conectividade 5G, feito que con toda probabilidade contribuirá
a que teleoperadores de todo o mundo aceleren a implantación da telefonÃa móbil
de quinta xeración para non quedar fóra de xogo.
Os novos móbiles básicos de Apple serÃan o iPhone 12 e o iPhone 12 mini,
ambos con 5G, e que veñen cunha ampla pantalla Super Retina XDR de borde a borde
con protección Ceramic Shield que como principal diferenza teñen que o modelo
ordinario tan unha pantalla de 6,1 polgadas, mentres que a versión mini
confórmase cunha pantalla de 5,4 polgadas, converténdose no smartphone con 5G
máis pequeno, fino e lixeiro do mercado, atendendo á demanda dos usuarios que
non queren un smartphone de grande tamaño.
Estes novos móbiles están equipados cun procesador A14 Bionic, que presume de
ser o máis rápido do mercado, asà como unha cámara traseira dual que aposta
pola fotografÃa computacional, e unha curiosa novidade: a recuperación da marca
MagSafe para denominar desta volta a un sistema de suxeición magnética que
serve para os cargadores por indución e para toda unha serie de accesorios que
poderán adherirse ao iPhone (como un porta-tarxetas).
Estes teléfonos conta con certificación IP68, de xeito que serÃan capaces de
sobrevivir a unha inmersión de até 30 minutos a 6 metros de profundidade, asÃ
como tamén estarÃan protexidos contra salpicaduras, para tranquilidade dos
consumidores.
A cámara dual destes móbiles están baseadas nun obxectivo grande angular con
apertura f/1.6 e outro ultra grande angular, que grazas á potencia do
procesador conseguen fotografÃas moito máis detalladas e luminosas, mellorando
especialmente as fotografÃas nocturnas e destacando no apartado videográfico,
xa que son as primeiras cámaras de móbil capaces de gravar vÃdeo en HDR con
Dolby Vision, sendo incluso o móbil capaz de editar vÃdeos neste formato de
xeito nativo, conseguindo asà vÃdeos impresionantes.
Pero estes potentes dispositivos non están ausentes de polémica, por certas
carencias para moitos consumidores, como é o feito de que continúen a apostar
polo Face ID (recoñecemento facial) e non recuperasen dalgún xeito o Touch ID
que tan práctico resultarÃa no actual contexto pandémico no que as máscaras fan
que o desbloqueo facial sexa máis un problema que unha solución). Na mesma liña
tamén preocupa o feito de que Apple decidise que os teléfonos viñesen
acompañados cun cable USB-C a Lightning para a súa carga, omitindo o cargador
cunha desculpa ecolóxica pouco convincente (que que os usuarios seguen a
precisar dun cargador, e na súa meirande parte carecen de cargador con USB-C, o
que pode crear bastante frustración se non están debidamente informados e tras
comprar un teléfono de alta gama atópanse coa imposibilidade de cargar a súa
baterÃa).
Os prezos tamén están a dar que falar, xa que desta volta o iPhone 12 non continúa
a liña de prezos do iPhone 11, senón que o herdeiro do iPhone 11 é o iPhone 12
mini, o que podemos ver como unha suba de prezo (á que haberá que engadir o
gasto adicional dun adaptador de corrente).
O iPhone 12 mini chegará ás tendas o 13 de novembro a un prezo de 809 euros con
64 GB de almacenamento, 859 euros con 128 GB e 979 euros con 256 GB; mentres
que o iPhone 12 xa estará dispoñible o 23 de outubro por 909 eurso con 64 GB,
959 euros con 128 GB e 1.079 euros con 256 GB.
VÃdeo promocional do iPhone 12
Versións Pro
Un paso máis adiante estarÃan os iPhone 12 Pro e iPhone 12 Pro
Max, con pantallas Super Retina XDR de 6,1 e 6,7 polgadas respectivamente,
e que melloran principalmente a nivel de cámara, non só por integrar unha nova
lente cunha distancia focal de 52 milÃmetros (ideal para retratos) e zoom
óptico de 4 aumentos, senón tamén por estrear o formato Apple ProRAW, que facilita
a edición minuciosa da cor, o detalle e o rango dinámico das instantáneas.
Tamén conta cun escáner LiDAR, que axuda a tomar mellores fotografÃas con pouca
luz, aÃnda que a súa funcionalidade principal é a de conseguir grandes
experiencia sen realidade aumentada xa que achega información de profundidade
sobre o contorno.
O iPhone 12 Pro parte dun prezo de 1.159 euros con 128 GB de almacenamento,
custando 1.279 euros a versión con 256 GB e 1.509 euros a versión con 512 GB,
podendo adquirirse a partir do 23 de outubro; mentres que o iPhone 12 Pro Max
custa 1.259 euros con 128 GB, 1.379 euros con 256 GB e 1.609 euros con 512 GB,
chegando ás tendas o 13 de novembro.
- A nivel de cámara os iPhone 12 Pro e 12 Pro Max supoñen unha importante mellora
VÃdeo promocinal do iPhone 12 Pro