Os novos portátiles de Alienware chegan ós 640 Gb de capacidade de disco

luns, 24 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Alienware é un fabricante de ordenadores que destaca por amosar uns deseños revolucionarios e especialmente atractivos para os afeccionados ós videoxogos, pero cos seus novos portátiles incide nas necesidades de almacenamento dos portátiles, que cada día teñen máis popularidade e non queren quedar atrás en características fronte ós seus equivalentes de escritorio.
Así, os modelos con pantalla de 17 polgadas dos portátiles Aurora m9700 e Area-51 m9750 contarán coa peculiaridade de ter espazo para dous discos duros que se poden configurar de xeito independente ou en modo RAID, o que lles permite chegar ata unha capacidade de 640 Gb (con 2 discos de 320 Gb) e que, no caso de querer coidar da autonomía, podería chegar a 128 Gb xuntando dous discos de memoria de estado sólido de 64 Gb.
O uso de discos en RAID 0 era unha función que ata o momento se deixaba para ordenadores de sobremesa, pero o tamaño de moitos portátiles permite achegarlles tal característica.

PUBLICIDADE