Os televisores de Samsung estrean a aplicación de Apple TV

luns, 13 de maio do 2019 Marcus Fernández

A primeiros de ano Samsung sorprendeu ao anunciar que os seus Smart TV facilitarán o acceso aos contidos audiovisuais comercializados por Apple, así como soporte de AirPlay 2, e aínda que parecía razoable que estas prestacións chegarían de cara ao lanzamento de Apple TV+ despois do verán, Samsung sorprendeu anunciando que a partires de hoxe mesmo os seus televisores lanzados nos anos 2018 e 2019 contarán coa nova aplicación Apple TV en máis de 100 países e soporte para AirPlay 2 en 176 países, entres os que se atopa España.
A aplicación de Apple TV para televisores Samsung facilita o acceso a un catálogo de máis de 100.000 películas e programas de televisión dispoñibles en aluguer o compra, dos que boa parte dos contidos están dispoñibles en 4K con HDR, e no outono a aplicación tamén facilitará o acceso a Apple TV+.
Con AirPlay 2 tamén é posible ver no televisor vídeos e outros contidos achegados directamente dende un iPhone, iPad ou Mac.

PUBLICIDADE