Os vindeiros iPhone poderÃan ter cámara traseira tripla
venres, 11 de xaneiro do 2019
The
Wall Street Jounal está a adiantar o que poderÃa ser a futura liña de móbiles
iPhone de 2019, que repetirÃa o esquema de 2018 pese aos seus resultados
peores do agardado. Aseguran asà que Apple porÃa á venda tanto dous smartphones
con pantalla OLED, dos que o superior integrarÃa unha cámara traseira tripla, como
un smartphone con pantalla LCD, que collerÃa o relevo do iPhone Xr e que
pasarÃa a incorporar cámara traseira dual.
A posibilidade dun iPhone 11 (nome co que se refiren coloquialmente aos futuros teléfonos de Apple) con cámara traseira
tripla leva tempo rumoreándose, polo que non sorprende que xa poidamos ver renders coa aparencia que poderÃa ter o futuro móbil.
Segundo os rumores, o modelo de iPhone con pantalla de 5,8 polgadas non terÃa
cambios visibles na cámara, e serÃa o de 6,5 polgadas o que terÃa a cámara
mellorada, mudando a polÃtica actual na que ambos iPhone Xs diferéncianse
unicamente no tamaño de pantalla e non en prestacións.
Cómpre lembrar que aÃnda que estas filtracións poidan estar ben fundadas, os
vindeiros iPhone aÃnda son produtos en desenvolvemento, e poderiamos estar a
falar de prototipos que serán totalmente desbotados, como aconteceu noutras
ocasións nas que os rumores non se cumpriron pese a chegar de fontes solventes.