OutRun chegará á Nintendo 3DS a semana que vén
venres, 6 de marzo do 2015
Un dos clásicos de videoxogos que, pese a verse superado
tecnicamente en todos os seus aspectos en poucos anos, pero que consegue manter
o seu encanto, OutRun, está a
preparar a súa estrea en formato descargable na eShop para as consolas
portátiles de Nintendo, confirmándose que o vindeiro dÃa 12 estrearase cando
menos nos EE.UU.
O produtor de OutRun 3D, Yosuke
Okunari, encargouse de confirmar
este lanzamento nunha entrevista publicada no blog de SEGA, na que detalla
que conseguiron que boa parte do xogo correse a 60 cadros por segundo, aÃnda
que elementos como as escenas de choques tiveron que manterse a 30 imaxes por
segundo.
OutRun é un xogo que en 1986
conseguiu destacar nos salóns recreativos por ofrecer unha experiencia fÃsica, xa que o moble no que se integraba o xogo tiña
forma de coche, controlándose a acción cun volante e pedais, conseguindo callar
rapidamente entre millóns de xogadores de todo o mundo, que aÃnda hoxe lembran
este curioso tÃtulo no que habÃa que correr a toda velocidade contra o reloxo,
esquivando ao tráfico e escollendo entre un par de rutas distintas tras cada
punto de control (incrementándose a dificultade de elixirse a pista dereita).
Algúns dos detalles máis memorables do xogo eran que o protagonista aparece
acompañado dunha moza loura (que en versións modernas do xogo ten un papel máis
activo, sendo a narradora de certos retos a superar) e que ao comezar as nosas
partidas podiamos elixir entre varias emisoras de radio en función do tema
musical que se quixese escoitar (estando algunha destas sintonÃas entre as máis
recoñecibles da historia dos videoxogos).
- OutRunt 3D permitirá lembrar o vello xogo de SEGA nas consolas portátiles de Nintendo