PES 2019 e PUBG poderán xogarse de balde en Xbox One até o domingo
mércores, 7 de novembro do 2018
Os usuarios de Xbox One que non están subscritos a Xbox LIVE
Gold poderán
gozar esta fin de semana do xogo en liña dun par de tÃtulos que entran dentro
da campaña Free Play Days For All.
Este novo evento que terá lugar entre os dÃas 8 e 11 de novembro será unha
oportunidade para que os usuarios da consola de Microsoft que aÃnda non pagan
polo Gold poidan coñecer como é a experiencia de primeira man, para o que terán
un par de xogos moi representativos: Pro
Evolution Soccer 2019 e PLAYERUNKNOWN’S
BATTLEGROUNDS.
Deste xeito até o domingo será posible gozar destes xogos sen ter que adquirilos,
podendo descargarse de balde e xogar contra outros xogadores en liña, podendo
coñecer asà as bondades do servizo de pagamento de Xbox LIVE. Amais, os usuarios
que gusten do PES 2019 poderán adquirilo
cun 50% de desconto, ou sexa, a un prezo de 30 euros.