PUBG MOBILE une forzas co último filme de Misión: Imposible

venres, 3 de agosto do 2018 Marcus Fernández

A febre dos battle royale parece casar ben coas estreas cinematográficas, e ao igual que hai uns meses Fortnite celebrou un evento ligado a Avengers: Infinity War, agora PlayerUnknown’s Battlegrounds Mobile (PUBG MOBILE) vai facer o mesmo con Misión: Imposible - Fallout¸ de xeito que o cento de millóns de xogadores do título de Tencent Games poderán gozar de novas experiencias baseadas no último filme de Tom Cruise.
A última actualización de PUBG MOBILE incluirá Mission: Impossible - Fallout Takeover, o que permitirá aos xogadores gozar de nova música de fondo e paracaídas personalizados coa temática do filme; recompensas especiais no xogo (con elementos temáticos que poderán vestirse durante a campaña promocional; e novos retos temáticos (os xogadores poderán superar novos desafíos temáticos para facerse con diferentes recompensas).
Lembremos que PUBG MOBILE está dispoñible para a súa descarga de balde en iOS e Android, de xeito que pode chegar a un grande volume de usuarios móbiles, mentres que o seu principal competidor, Fortnite, polo momento só está dispoñible para iOS (aínda que a semana que vén saberemos do seu calendario de lanzamento para Android).

Vídeo promocional desta campaña na que un dos xogos de moda mestúrase coa grande estrea cinematográfica do momento

PUBLICIDADE