PUBG estrea versión 1.0 para Xbox One
martes, 4 de setembro do 2018
O xogo PLAYERUNKNOWN’S
BATTLEGROUNDS (PUBG) foi o que iniciou a febre polos battle royale, converténdose no fenómeno
de 2017, e aÃnda que actualmente está bastante eclipsado por Fortnite, aÃnda segue a ser un referente
para moitos xogadores, que recibirán de bo grado que este tÃtulo abandone a súa
fase de probas en Xbox One e pase a converterse
nun xogo completo que pode mercarse
por 29,99 euros.
PUBG chegou a Xbox One o pasado
decembro, congregando
a millóns de usuarios en poucas semanas, deixando clara a demanda deste
tipo de xogo en consola e, de feito, Microsoft aproveitou este tÃtulo como
reclamo para animar a usuarios a facerse cunha Xbox One X e asà poder gozar
deste tÃtulo en ultra alta definición.
Os usuarios que estivesen a gozar da versión preliminar do xogo recibirán de
balde a actualización do xogo á versión completa, que inclúe 3 mapas (Erangel,
Miramar e Sanhok) e está mellorado para Xbox One X, aÃnda que se temos unha
Xbox One S tamén poderemos tirar proveito do HDR se temos un televisor compatible.
- O xogo aproveita os gráficos en ultra alta definición de Xbox One X