Packard Bell iMax mini: pequeno e ¿copión?

xoves, 28 de maio do 2009 Marcus Fernández

Packard Bell presentou oficialmente o seu novo ordenador de tamaño reducido iMax mini, que funciona cun procesador Intel Atom N230, 2 Gb de RAM, 250 Gb de disco duro, 6 portos USB e saída HDMI, e cun aspecto que provocaba unha sensación de déjà vu, pois resulta que realmente é unha versión remarcada do Acer AspireRevo.
Packard Bell pertence ao grupo de empresas de Acer, pero non deixa de ser rechamante que apareza no mercado un equipo tan peculiar baixo dúas marcas diferentes.

PUBLICIDADE