Panasonic presenta novas cámaras LUMIX

mércores, 18 de xullo do 2012 Marcus Fernández

A Panasonic LUMIX G5 achega a calidade dunha cámara réflex nun corpo compacto

A familia de cámaras Panasonic LUMIX vén de incorporar novas referencias dirixidas tanto a profesionais como a usuarios afeccionados, entre os que destaca a nova LUMIX G5, cámara con sistema micro catro terzos que achega unha calidade dunha réflex no corpo dunha cámara compacta, que incorpora un sensor Live MOS de 16,05 Mpíxeles, un procesador de imaxes Venus Engine e alta sensibilidade (ISO 12.800), conseguindo unha calidade de imaxe sorprendente, sen esquecer numerosas opcións de gravación de vídeo (1.080p a 50 imaxes por segundo), disparo a refoladas de 6 imaxes por segundo e novos filtros creativos. Tamén conta cun visor de alta definición (1,4 Mpíxeles), pantalla xiratoria e obxectivos intercambiables (como o novo LUMX G VARIO 45-150 mm, ideal para capturar imaxes en eventos deportivos ou de animais salvaxes), chegando ás tendas no mes de setembro.
Tamén son novidade as LUMIX LX7, FZ200 e FZ62, aínda que preferimos destacar a Panasonic LUMIX SZ5, por integrar Wi-Fi e DLNA, de xeito que convértese nun dispositivo ideal para redes sociais, permitindo tamén o control remoto do zoom, o obturador e o disparo da cámara a distancia dende o novo smartphone.

A LUMIX SZ5 incorpora Wi-Fi, o que facilita a publicación de contidos na Rede e o seu control remoto dende un smartphone


Vídeo de presentación da nova Panasonic LUMIX G5

PUBLICIDADE