Panasonic presenta unha nova cámara-smartphone
luns, 15 de setembro do 2014
Para os usuarios que entre dan máis importancia a unha boa
cámara que a un bo smartphone Panasonic presenta a súa nova LUMIX
Smart Camera CM1, unha cámara de 20 MpÃxeles capaz de gravar vÃdeo a 4K,
que conta con prestacións propias dun smartphone, xa que funciona con Android
4.4, un procesador de 4 núcleos a 2,3 GHz, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento
interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 128 Gb), conectividade
Wi-Fi, LTE, Bluetooth e NFC e cunha pantalla Full HD de 4,7 polgadas (que tamén
se agradece para unha boa previsualización das imaxes capturadas).
Esta nova cámara non só presume dos 20 MpÃxeles do seu sensor, senón que tamén
destaca polo seu tamaño (1 polgada, que é o tamaño propio das cámaras
compactas), e aÃnda que pareza presumir dunhas boas especificacións (aÃnda a
súa baterÃa de 2.600 mAh está bastante por enriba da media dos smartphones con
pantalla de 4,7 polgadas) non podemos esquecer que estamos ante unha cámara,
polo que o seu grosor de 21 milÃmetros e o seu peso de 204 gramos non o fan un
produto apto para todo tipo de usuarios.
Polo momento só está previsto o seu lanzamento
en Francia e Alemaña no mes de novembro a un prezo de 899 euros.
VÃdeo de presentación da nova cámara smart de Panasonic