Pang chega a iPhone e iPod Touch

xoves, 15 de outubro do 2009 Marcus Fernández

A App Store de Apple vén de incorporar un xogo clásico dos salóns recreativos dos anos 80, Pang, no que o protagonista debe percorrer o mundo para protexer monumentos emblemáticos ante o ataque de pombas saltarinas. O xogo conta con 17 ubicacións, 50 niveis, diversas armas (ganchos e armas de fogo) e dous modos de xogo: Xira Mundial ou Desafío Infinito.
O prezo de venda deste clásico oficialmente adaptado ao iPhone e iPod Touch é de 2,39 euros, e pese a que na súa ficha indiquen que está en inglés, atópase correctamente traducido ao español. Tamén conserva dun xeito bastante fiel a xogabilidade do título orixinal pese a controlarse mediante a pantalla táctil dos terminais de Apple.
Podemos botar un ollo a este interesante título no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE