Pantalla LCD para a Xbox 360

martes, 26 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Os propietarios de consolas Xbox 360 que queiran facer un uso móbil das mesmas o teñen máis doado agora grazas a MojoPlay, fabricante que vende unha pantalla LCD de 9,2 polgadas e cunha resolución de 800 x 640 píxeles que se pode encaixar de xeito doado á videoconsola doméstica de Microsoft.
Deste xeito, unha Xbox 360 coa pantalla LCD MP-920XB sería o equivalente a un portátil, aínda que o peso da consola e a necesidade de alimentación de corrente pode dificultar a tarefa do seu uso en calquera lugar.

PUBLICIDADE